S.D. O VAL DE NARÓNAL
de NARÓN
Entrevista a Luis Rivas, jugador del equipo VETERANO y en gran medida artífice de toda la logística del grupo y del buen ambiente reinante en el equipo. También es el creador del BLOG DE VETERANOS que podéis ver a través de la página web del club en el que semanalmente se publican horarios, crónicas y cualquier novedad que afecte al equipo.
En primer lugar el nombre completo:
Xosé Luis Rivas Fernández
Cuéntame un poco tu historial deportivo…
A verdade é que non xoguei en ningún equipo federado. De neno e de rapaz vivín en Francia e xogaba nunha Liga Escolar intercentros. O equivalente ás categorías inferiores de aquí. Como moitos rapaces deixei a práctica habitual do fútbol ao ir á Universidade e os primeiros anos da miña vida profesional, xa que cada ano cambiaba de destino. Xa afincado en Ferrolterra volvín a xogar en partidas de fin de semana con grupos de amigos e durante 4 temporadas fun entrenar co ADC Moeche (ao que lle estou moi agradecido), foi así como acabei nos Veteranos do Val.
¿En qué posición juegas en el equipo?¿Y en cuál te encuentras más cómodo?
Sempre xogo na defensa, tanto de Central como de Lateral (sobre todo dereito). En veteranos xa se sabe: depende un pouco das ausencias. Onde máis cómodo me sinto é de Lateral dereito.
¿Cuál es tu idea del fútbol veterano? ¿Buen equipo o buen grupo?
O fútbol veterano sorprendeume gratamente. Pois tiña oído que era moi brutal, que había entradas asesinas e a verdade é que salvo contadas excepcións o bo ambiente e o respeto entre os diferentes equipos e xogadores é o que predomina. En canto ao meu equipo (O Val) atopeime con un bo grupo (hai xa 10 anos) e creo que foi mellorando cos anos. Penso que conseguimos ter un grupo moi equilibrado. Estes últimos anos as incorporacións melloran o nivel futbolístico (un pouco obrigados polos ascensos) pero seguen priorizando o grupo humano que é, para min, o máis importante a estas alturas.
Por lo que he podido saber eres un jugador serio y comprometido con el equipo, ¿qué piensas de esto?
Creo, modestia aparte, que son dous adxetivos que me definen ben. Tamén me gusta o cachondeo pero antes e despois do partido. Para que un equipo de veteranos funcione necesítase un bo grupo e iso conleva seriedade á hora de ir todos os sábados (ou domingos) a campos que ás veces están lonxe, faga o tempo que faga. Tamén é importante o compromiso á hora de tomar unhas cañas despois do partido.
Creo que la mayoría de la gente tiene una idea equivocada de la liga de veteranos, ya que por lo que he averiguado es una liga bastante seria. ¿Qué opinión tienes al respeto?
Creo que xa respondín a esta pregunta coas respostas anteriores. Si que é seria e ás veces o nivel e a competitividade de certos equipos é sorprendente.
Incluso tengo entendido que aquellos equipos que quieren formar parte de esta competición tienen que acreditar de alguna manera su formalidad y pagar una cantidad importante de dinero, ¿es así?
En efecto. Non che poido dicir de memoria a cantidade porque é un tema que leva o noso delegado: Díaz, pero creo que ronda os 3000 euros para entrar e teño entendido que hai cola.
El año pasado quedasteis campeones de la 2ª división lo que os dio derecho al ascenso. ¿Cómo valorarías la temporada pasada?
Foi unha gran temporada. Froito do que comentamos antes do grupo, xogadores con distinto nivel de calidade pero con un gran compromiso xeral que nos levou a facer unha temporada que ás veces parecía un paseo. Tamén se perdeu algún partido de forma sorprendente pero non houbo ningunha mala racha.
Luis Rivas - Defensa de los Veteranos
Este año os habéis reforzado con algún que otro fichaje de calidad como Javi Paz, Álex Grueiro, Bruno Casal, etc y parece que las cosas os van bastante bien, ¿qué te parece?
O ascenso de categoría “obrigounos” en certo modo a reforzar o equipo pero quero resaltar que os novos fichaxes viñeron a completar as prazas que non estaban cubertas ou as que se deron de baixa por non poder seguir. Quero dicir que segue o mesmo bloque con máis elementos. Ata agora as novas incorporacións melloraron tanto o nivel como o grupo humano.
¿Cómo ves el nivel este año en la 1ª división?
O nivel é parecido ao do ano anterior se ben se nota un ritmo un pouco máis rápido e un pouco máis de competitividade na maioría dos equipos.
De momento marcháis en 3ª posición que os daría derecho a ascender a la división de honor, ¿será este vuestro objetivo de ahora en adelante o al menos con intentarlo sería suficiente?
O obxetivo é gañar o maior número de partidos, pois ademáis de pasalo ben xogando o mellor posible a salsa de calquer deporte é a vitoria. O que queremos é estar na parte alta da clasificación e o do ascenso deixarémolo para cando acabe a temporada. Pero digamos que non é o obxetivo principal.
¿Qué opinión te merecen tus compañeros?¿Con qué te quedarías de ellos?
O mellor é que temos un grupo moi variado no que é difícil destacar a alguén. Unhos xogan mellor outros somos algo máis frouxos pero todos aportamos algo e non hai ningún mal rollo. Pode haber algunha discusión en quente no campo pero nunca chegaron ao vestiario. O peor do grupo podería ser que se lle facemos caso ás cañas e ás ceas podería perigar algún matrimonio.
Me ha dicho un pajarito que en tus crónicas después de los partidos, casi siempre destacas a Casto, ¿es cierto?
Cando empecei co Blog non había páxinas como Sigue tu Liga nin a páxina oficial do Club e a idea era ir colgando os resultados, a clasificación e avisar dos encontros, Tamén era facer unha pequena crónica dos partidos e pareceume interesante poñerlles algo de humor a esas crónicas. A verdade é que Casto é un compañeiro que aparte de correr con gran parte da loxística do grupo ten un carácter que se presta ao xogo da ironía, É un pouco o cómprice involuntario para que os demáis participen no blog e entren ao trapo o que aś veces da pé a certo debate humorístico.
¿Qué tal es tu relación con Casto y Díaz? ¿Te exigen mucho?
Son a alma do equipo e cando me pediron se lles botaba unha man non puiden dicir que non. No campo xa é outra cousa pois creo que son , con algún outro compañeiro, a un dos que máis lle esixen. Sei que o fan con cariño e por iso os sigo aguantando. Bromas aparte son esixentes con todos e penso que teñen moita paciencia con nós.
¿Es cierto eso que dicen de que el grupo hace la fuerza y la unión?
É evidente en todos os apectos e tanto o ascenso da temporada pasada como a posición actual son froito do grupo.
Futbolísticamente hablando, ¿Cuál es tu ídolo?
Á miña idade xa se teñen varios ídolos, pois cada certo tempo aparecen xogadores que fan que se abra un debate estéril sobre quen é mellor. Non se pode comparar un xogador en activo con un retirado pois o fútbol evoluciona continuamente. Digamos que no presente son máis de Messi que de C. Ronaldo porque penso que o fútbol é un deporte de equipo e vexo que Messi se adapta mellor a ese criterio.
¿Y tu equipo favorito?
O meu equipo é o Saint-Étienne de Francia, en España son do Athletic de Bilbao e despois dos equipos galegos.
¿Qué opinión tienes del club? ¿Estás contento en la S.D O Val?
Como xa dixen non tiven a sorte de xogar noutras categorías pero levo 10 anos en veteranos e os dez no Val. Sempre me sentín a gusto e sempre nos trataron ben poñendo á nosa disposición todas as instalacións e o material necesario. Tamén sei por varios rapaces e rapazas que se traballa ben as categorías de base e espero que iso siga así pois está claro que eles son o futuro do equipo.
¿Y de sus instalaciones? ¿Qué mejorarías?
As instalacións melloraron moito nestes 10 últimos anos e moitos equipos nos envexan. O único que me gustaría que se mellorara é o alumbrado do campo artificial. Pois é moi deficiente para entrenar no inverno e no noso caso obríganos a xogar os domingos pola mañá cando de outro xeito o poderíamos facer os sábados ás 18:00 horas.
Batería de preguntas cortas:
Un defecto: só un? Son algo fapeiro.
Una virtud: a fidelidade nun sentido amplo do término
Un libro: A peste de A. Camus
Un color: unha cor oscura
Una ciudad: París
Una película: Amélie (Le fabuleux destin d'Amélie Poulain)
Una comida: o rabo de toro (e non son o único dos veteranos me parece)
Música que te gusta: o pop rock (Bruce Springsteen en particular)
Un coche: o forito (foi o primeiro)
Qué harás dentro de diez años: serei 10 anos máis vello e pouco máis che poido dicir
Pues nada más, muchas gracias a Luis por el tiempo dedicado y por su amabilidad atendiéndonos para responder a estas preguntas.
Entrevista realizada por Cata74
Equipo Veterano - Temporada 2006-07